Levamos unhas semanas nas que só se fala do "Caso Gürtel". Estou seguro que e algo que interesa ó PSOE para tapar a súa ineficacia política á fronte do país.
Se algo queda claro ata o momento, á espera do que dicte a Xustiza, e que non hai financiación ilegal do Partido Popular. Parece que as contas de dito partido están claras e foron fiscalizadas.
No sumario mestúranse dous elementos moi diferentes e en periodos de tempo distintos:
- Dende o ano 1993 e ata o ano 2004, os principais impricados traballan para a organización do PP. Coa chegada de Mariano Rajoy no 2004, deixaron de traballar para o Partido Popular.
- Nestes intres, cando deixan de traballar para o PP, utilizan os seus contactos persoais para facer negocios en determinados concellos. Ahí radicará a auténtica trama Gürtel, a das comisións e o braqueo de cartos.
O sumario e ata agora unha acumulación de informes policiais xa coñecidos e moitos rexeitados pola Xustiza.
Parece ser que todos os informes policiais parten da mesma undidade. A UDEF (Unidades de delitos Económicos e Fiscais), que dirixe directamente Rubalcaba a través de José Luis Oliveras. E a mesma unidade que fixo informes policiais desestimados pola xustiza contra os dirixentes rexionais do Partido Popular en Canarias, Murcia, Valencia e concellos de Andalucía. En tódolos casos foron arquivados pola Xusticia.
O Partido Popular xa deu unha resposta política a tosos os datos segundo se foron coñecendo. Hai persoas que dimitiron ou foron separadas das súas responsabilidades no partido. Qué menos.
Pola súa banda os populares galegos consideran unha boa nova a dimisión de Luis Bárcenas como tesoureiro do PP. Estos son os primeiros interesados, con Feijoo á fronte, en que se investigue ata o final e se clarifique todo. Consideran que se está dando exemplo apartando aos sospeitosos da trama de corrupución.
É fundamenal que haxa un xuízo e unha senteencia, mentras tanto, e moi positiva a decisión de que Bárcenas abandoase a súa posición de tesouretiro.
Considero, ó igual que moitos dos populares galegos, que uns poucos non poden manchar a tarefa da gran maioría de membros do Partido Popular, quenes desempeñan limpamente as súas funcións e que traballan día a día polos cidadáns aos que representan.
Xa para finalizar este artigo direi que os que buscaban desesperadamente unha Filesa do PP fracasaron. En España a financiación ilegal dos partidos, polo momento, é exclusiva do Partido Socialista.
Penoso é, que a socialista Mar Barcón, entre outr@s, se lance a difamación persoal aou comprobar que o caso Gürtell non implica nin implicará á actual dirección do PP Galego.
A desesperación desta "política" e bastante triste, xa que dun tempo a esta parte intentan por todos os medios desgastar e difamar en contra do goberno galego.
Non teñen memoria nin desvergoña por todo o que fixo e fai o seu partido.
Así estarán moitos, pero que moitos anos na oposición, o seu lugar por natureza.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario