Powered By Blogger

domingo, 17 de octubre de 2010

Lugo quere cambio, Lugo quere ó PP.

O que se viu hoxe no pazo de feiras e congresos foi apoteósico. Milleiros de persoas compartindo xantar con José Manuel Barreiro, Jaime Castiñeira e ca demáis familia do PP de Lugo.

O Presidente Feijoo irá satisfeito da resposta dos e das lucenses inda que xa o viu nas eleccións pasadas.

Estou seguro de que algúns doutros partidos estarán botando fume polo cu ó ver esta morea de xente apoiando os seus líderes.

Logo dirán que si se pagou a pulpada cos cartos da Xunta de Galicia, que tal e que cual....

Pero a verdade é que o respaldo que tiveron Barreiro e máis Castiñeira foi bestial... o máis grande que eu recordo.

Boa sinal de cara ós comicios do 22 de maio de 2011, inda que quedan intensos meses por diante.

Besteiro e OroZPo estarán tremendo ca que se lles aveciña.

Logo de 11 anos sin facer nada vese que os Lucenses queremos un cambio na política local e provincial.

OroZPo non pode fuxir agora do apoio que deu e dá a nefasta política de ZParo.

A política de ZParo é nefasta improvisada e irreal. Así nos vai de ben: cada vez máis paro, máis impostos, menos confianza, baixando postos a nivel mundial... En resumo, UN FIASCO.

O cambio comenzou fai pouca máis dun ano con Feijoo, agora tócalle a Castiñeira e a Barreiro, e máis adiante será a hora de Mariano Rajoy.

Polo de pronto, traballo e máis traballo e felicitar ó PP de Lugo pola súa incesante labor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario