Powered By Blogger

sábado, 30 de octubre de 2010

Vivir da sopa boba

Indudablemente que a Xunta de Galicia está a cumprir os compromisos acadados ca cidadanía, pero coma ben se di nalgúns círculos os socialistas saben montalo moi ben para desacreditar o traballo dos demáis e para ensalzar o pouco que eles fan.

Temos que ter en conta un dato, moitas e moitos dos veciños deste municipio están a ver que se fan obras: Avenida de Madrid, ponte sobre o río Miño, acesos pola carretera Vegadeo-Pontevedra, polígono das Gándaras, hospital, tinería, plan paradai..... Quén é o alcalde? OroZPo.

A moitos impórtalles un pimento quen as faga, dende cando ben o proxecto, quen as licitou... o que lles importa e velas feitas e estanas a ver en época de OroZPo. Esto unido a súa gran capacidade de tomar todo o bon para o seu peto e, botar o malo da súa xestión ás costas dos demáis, fan que OroZPo teña un puñado de cidadáns gañados á conta destas actuacións.

Estou seguro de que Jaime Castiñeira saberá coma desenmascarar a este pésimo alcalde que se olvida dos e das que están no paro, dese alcalde que apoia a nefasta política de ZParo, dese alcalde que levanta aceras ques estaban recén feitas, dese alcalde que utiliza os cartos do Concello para facer autobombo da súa xestión nos medios de comunicación... dese alcalde que tivo nas súas máns millóns e millóns de euros para qué?

Jaime xa está a darnos moitas destas respostas, algo que os e as lucenses lle agradecererán o vindeiro 22 de maio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario