Powered By Blogger

viernes, 19 de marzo de 2010

Felicidades aos Xosés

Hoxe día de San Xosé non podemos deixar de felicitar a todos os Pepes e Pepas que coñecemos. Son moit@s no meu caso son moi boa xente.
Tamén coñecemos tod@as a eses Xosés políticos que son actualidade por haches ou bes.
Quixera comenzar con Xosé Manuel Barreiro, o presidente provincial do PP de Lugo. Un home que está a acadar cada vez mellores resultados na provincia e que moi posiblemente se converterá no vindeiro presidente da Deputación Provincial. Felicidades.
Logo temos ao noso ilustre alcalde don Xosé Clemente López Orozco. Esta persoaxe política da nosa cidade está na costa abaixo da súa aventura na alcaldía. Cada vez somos menos os que nos creemos as súas palabras, o seu discurso retórico e cansino, e a súa palmada no lombo. Logo de once anos ó fronte do goberno local, este home deixounos claro que como xestor e rixidor, cero Zapatero. Colleu un momento no que a sociedade, cansada das andainas dalgúns políticos, por chamarlles algo, se quedou neso, en valorar a cercanía, o trato amable e o populismo. Pero agora eso xa non serve e Orozco xa non engana cas súas artimañas como antes o facXa.
Espero que este sexa o penúltimo Santo de Xosé Clemente no poder. Felicidades D. Xosé.
Por últmo falarei doutro Xosé, agora para moit@s Don Xosé, cando antes era Pepiño. Para min segue sendo Pepiño. Ser ministro do peor goberno na historia da democracia en España non é un gran logro. Ser partícipe do desgoberno de ZP e da situación na que está o país non é para tirar cohetes.
Este home de vocación político, de profesión.... non se sabe, está a vender proxectos para Galicia, que como non podía ser doutro xeito, xa sería a repanocha se non o fixera.
Está claro que se está a vender moi ben na súa terra. Nos sei se por amor a ela, ou máis ben pensando no futuro. Aclaroo, este home cando deixe a política estatal dentro de dous anos, ten postas as miras na Xunta de Galicia. Eso é un segredo a voces, e como bo descendente do rural sabe que hai que ir sementando para logo recoller algo.
Metade dos seus proxectos quedaránse neso, e outros xa veñen de lonxe. Pepiño, felicidades neste día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario