Está claro que as cousas se están a facer ben dende o goberno que preside Núñez Feijoo.
Como di José Manuel Barreiro, o noso presidente provincial, a herdanza do famoso bipartito, está a ser unha lousa ca que hai que leirar para ir pasiño a pasiño cara o bo camiño.
Tanto BNG como PSG-PSOE están ó quite e saen nos medios para confundir á sociedade. Xa se olvidaron que non foron quen de conseguilo no goberno, e preténdeno agora dende a oposición.
Quero facer mención especialmente ao PSOE, co seu "líder" á cabeza, falo de Pachi Vázquez. Teñen a desfachatez de saír nos medios a recriminar, solicitar, mentir... despois do papelón que fixeron na Xunta. Teñen a desvergoña de facelo vendo e sendo complices da paupérrima xestión de Zapatero e o seu grupo de siaeiros.
Estou satisfeito co noso presidente Feijoo, un líder dos pés a cabeza, un home que sabe onde está e para que está.
Galicia necesitaba un presidente como o que temos, e logo de un "despiste" fai catro anos, volvemos a ter un goberno no que creer e confiar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Canta razón tes.
ResponderEliminar