Powered By Blogger

martes, 23 de marzo de 2010

Novo decreto do galego.

O galego pervive na sociedade galega a pesar de todo o perseguido que foi ó longo da historia. Esto non ocorre no momento actual, pero algúns pretenden facer ver á xente que só eles queren e defenden o galego. Falo desas plataformas creadas en defansa do galego, nin máis nin menos, e dalgúns partidos políticos que agora están na oposición.
Intentan facer deste decreto cuestión política pois non teñen argumentos para atacar a Núñez Feijoo. Non queren ver que precisamos tanto do castelán como do galego. Non queren recoñecer que o inglés e necesario se @s nos@s fill@s queren competir no mercado laboral con outr@s rapaces e rapazas doutras comunidades e doutros países.
Pero primará a cordura e o decreto sairá a diante a pesar de que estes ilustrados e "defensores" do galego pretenden enganar á sociedade. A pesar de que algúns queren facer bandeira de algo que non existe, algo que só ven eles: a desaparición do galego!
O noso galego si perdurará no tempo, con ou sin decreto.
O galego e un dos dous idiomas oficiais de Galicia e Galicia somos todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario