Powered By Blogger

domingo, 9 de mayo de 2010

A esperada fusión das Caixas Galegas

Os encontros entre Feijóo e os líderes do BNG e do PSOE representan o aval político á fusión das caixas e o compromiso de que as tres forzas políticas defenderán unha caixa única, a quinta de España, que responda aos intereses dos galegos e que sexa representativa de todos os concellos.

Esperemos en que o apoio dado por Vázquez á fusión implique a todo o PSOE e non exclúa a ningún cargo do partido nin a ningún alcalde que ata agora mantiveron unha postura distinta da que agora defende o seu teórico líder.

Os resultados da reunión foron satisfactorios, xa que serviron para desbloquear cuestións pendentes en materia de gobernanza, unha vez que xa se despexaron as dúbidas existentes respecto á solvencia da fusión.

Debe prevalecer o interese xeral por enriba do interese persoal de ninguén e pedimos responsabilidade para que ningún interese personalista obstaculice o proceso da fusión.

Rajoy levou ao seu encontro con Zapatero a situación das caixas galegas o cal demostra a importancia que para todo o PP ten este proceso.

O compromiso do PP é manter a raíz social das caixas e que estas teñan en conta as necesidades dos territorios nos que están radicadas, de aí a importancia de que Galicia teña caixas de aforros.


É necesario que a caixa resultante da fusión entre Caixa Galicia e Caixanova teña un presidente para todos. Non pode haber unha caixa bipartita.

Sería bo en que as actuais caixas teñan o mesmo obxetivo que o Goberno galego, que é poñer ao mellor ao timón do ente resultante da súa unión xa que este ten que demostrar solvencia e competitividade nos mercados financieros.

O interese xeral, que é o de Galicia, debe estar por riba de calquera interese persoal e o proxecto que defendemos pasa por unha caixa solvente e non por un nome e uns apelidos.

Hai un acordo cos axentes sociais e coa patronal, outro das forzas políticas autonómicas, outro da política estatal entre o Goberno e o PP, outro co Banco de España e o do reparto paritario e equlibrado dos postos do Consello da Administración en fase de transición. De seguir por ese camiño, esa dinámica levará á fusión.

Os galegos e galegas merecemos unha gran Caixa e estamos a piques de conseguilo.