Powered By Blogger

sábado, 17 de julio de 2010

Jaime Castiñeira, candidato a alcaldía de Lugo polo Partido Popular.

Hai anos que coñezo a Jaime e sempre traballou con moito interese polos veciños e veciñas de Lugo. Lembro como pateou todas e cada unha das seccións dos distritos de Lugo para informar sobre o Plan Xeral. Foi aí onde a xente viu a proximidade de Jaime cos seus veciños e veciñas.
O pasado día 15 de xulio, foi presentado oficialmente ante os medios e centos de militantes, simpatizantes, representantes sindicais... arroupado polos seus compañeiros no Concello, Conselleiros e os presidentes do PP de Lugo do PP de Galicia, José Manuel Barreiro e Alberto Núñez Feijoo respectivamente.
O discurso de presentación de Jaime foi claro e convincente. Dixo o que fará cando chegue á alcaldía e tamén tivo tempo de repasar o pouco que fixo Orozco nestes 11 anos de goberno.
Jaime, entre outras tarefas, axilizará os tramites no Concello, evitará conflictos cos funcionarios, aforrando así partidas anuais de 2,5 millós de euros para cumprir sentencias, reducirá as listas de espera para no Concello... e irá polos barrios e parroquias non só nas festas con aperitivo.
Quédome con algúns datos que aportou Jaime sobre o "desgoberno" de José Clemente: MIL MILLÓNS de Euros, sí sí, mil millón de euros foi o capital do que dispuxo este alcalde que temos durante estes 11 anos. E, en qué os invertiu? El saberá, por qué as obras importantes que se están facendo ou se fixeron en Lugo, correron a cargo doutras Administracións. Por exemplo, o parque empresarial de As Gándaras correspondelle a inversión á Xunta de Galicia; a nova ponte sobre o Río Miño é de Fomento; desdoble da N-VI a Nadela, Fomento; autovía acceso Hospital Lucus Augusti, Xunta de Galcia; nova depuradora de augas, Xunta de Galicia; Museo da Romanización, Xunta de Galicia; Hospital Lucus Augusti, Xunta; polideportivo de Frigsa, empresa privada; e un largo etcétera.
Obras de calado de Orozco en Lugo para gastar MIL MILLÓS de euros, pois quitando a súa gran aposta e gran reto, o futuro museo interactivo de la historia de Lugo (MIHL), pouco máis hai.
Outra nova que nos chamou a atención do Sr. Orozco é, que ten pensado invertir nada máis e nada menos que 700.000 €, aproximadamente, na nova cafetería do parque Rosalía de Castro. Qué Deus nos colla confesados!!! Qué pecado. Non lle chegou con invertir 300.000 € na cafetería do antigo cuartel de Garabolos, para agora invertir máis do dobre nesta. Será que lle gustan as cafeterías?
Co dichoso Plan E, adicaronse a levantar beirarrúas que non o precisiban, cando todavía hai rúas na cidade, sí, na cidade, sen beirarrúas. Por exemplo, pasade por barrios coma o das Gándaras, e veredes como está.
Jaime terao moi fácil para facelo mellor que don José Clemente, porque este seguindo a norma do PSOE, non fai nada. Bueno algo fai, aplaudir decisións de Madrid, como fixo co decretazo, dicindo que era un dos días máis felices da súa vida. Ese é o noso alcalde, o que se aleda de que nos baixen as pensións, ós funcionarios... o que non mira polos intereses dos lucenses.
Polo ben da nosa cidade espero e desexo que o futuro alcalde de Lugo se chame Jaime Castiñeira. Nas nosas máns está que sexa así.