Powered By Blogger

jueves, 23 de septiembre de 2010

ZParo suma e sigue...

Zapatero xera a desigualdade entre os españois para mantenerse no poder. Un acordo que non beneficia ós españolis pero si a estes ineptos do PSOE.

O goberno socialista pode tamén romper a Caixa Única da Seguridade Social para mantenerse un ano máis no poder, que é o que realmente quere e desexa este incompetente que temos no poder.

A continuidade deste caduco goberno socialista só fará que se alargue e empeore a crise en España.

O “pacto da vergoña” ten unha consecuencia clara: a partir de agora, non todos os españois poderán ter as mesmas oportunidades para atopar emprego e formación.

As empresas vascas poderán ser privilexiadas pola transferencia do pago de bonificaciones ás empresas por contratación e formación.

Zapatero está cometendo o grave erro ó negociar co PNV a unidade da Seguridade Social xa que a caixa única da S.S. é un dos pilares do noso Estado das Autonomías e ZParo está a poñela en perigo.

Un parad@ vasc@ podería chegar a ter un subsidio por desemprego maior que o resto d@s parad@s de España nas mesmas condicios.

Trátase dun ataque directo á igualdade constitucional.

Se non se lle pon remedio ZParo acabará fundindo definitivamente ó país.