Powered By Blogger

lunes, 21 de enero de 2013

Tonto útil

Levamos uns días vendo como algúns "profesionais" da prensa local lle dan coba e esta personaxe. Pregúntome quenes son os que están detrás deste bufón, porque se é certo que representa a algúns (cousa que dubido), deixan moito que desexar ao delegar neste "tonto útil" as súas demandas.
Respeto a decisión de Jaime Castiñeira de non darlle maior importancia a este bocazas, pero estou ata as narices de ver como algúns medios lle dan credibilidade a este iluso que se fai chamar "o cabecilla do lado oscuro do PP". Aqueles que lle fan caso e dan credibilidade as fantasías deste afiliado cabreado, reforzanme a teoría da sua escasa bagaxe periodística. Por algo están onde están.
Rocomendaríalle ao señor da inmobiliaria e a algún amigo, do que sabemos moitas cousas do seu pasado, que o teñen crudo para facerlle pupa ao PP local, encabezado por D. Jaime Castiñeira. Somos moitos e moitas os que o apoiamos e apoiaremos mentras el decida estar á fronte do noso partido na cidade. 
Querido Ilde, que lástima me dás....