Powered By Blogger

martes, 10 de abril de 2012

Lamentable PSOE incluso na oposición.

Por un lado a crise mundial e por outro a nefasta xestión dun desgoberno socialista, amparado por catro aproveitados que se arrimaban para opter beneficios, leváronnos a esta situación.

Gastar nesta época de crise, 90.000 millóns de euros máis do que se ingresa, é unha auténtica irresponsabilidade propia duns incompetentes? inútiles? Qué calificativo lles podemos poñer?

O lamentable é que agora as consecuencias están aí, e estes desgobernantes que non souperon lidiar ca crisi, eso sí, ocultárona, quérennos dar leccións de xestión e poñen tropezós as boas medidas que o goberno do PP está a facer.

Este país precisa de polític@s de raza, con decisión, saber gobernar e non de polític@s de medio pelo que xestionaron de pena e xestionan de pena aquelas institucións que dirixen.