Powered By Blogger

miércoles, 2 de marzo de 2011

Campaña á carta.

Querer mirar paro outro lado é de cobardes. OroZPo e os seus secuaces queren que non falemos de política nacional, queren gardar no caixón a ZParo porque agora non interesa, e máis, agora estorba.

OroZPo quere que falemos do MIHL, da Ponte sobre o Miño,sobre o traballo de calfensa ou tamén sobre os 720.000 € que custa a nova cafetería do parque.

Querenos enganar cun museo que non xerará o que custa e custará o seu mantemento. Neste momento precisabamos invertir noutras cousas máis importantes para os veciños de Lugo. Quizáis subvencións para novas empresas, comprar ou ter parcelas no polígono das Gándaras, xa que a Xunta as cobra tan caras ( e de risa).

A gran ponte sobre o Miño, proxecto que leva vendendo dende hai unha década. Moita ponte pero será funcional? Onda están as avenidas que a comunicarán ca cidade?

OroZPo non quere que falemos de paro, da crise, de conxelacións, de subidas de todo tipo, dos 110 Km/h... non quere que falemos porque é un cobarde que arrenega da xestión do seu partido para quedarse no poder.

Pero todos sabemos que dicir OroZPo e sinónimo de ZParo, que dicir OroZPo e dicir crise e que dicir PSOE e dicir desgoberno.

OroZPo cala e consinte a política de ZParo, incluso aplaude moitas destas decisións. Así que OroZPo tamén e complice desta mala xestión e por iso terá que dar explicacións do que fai ante nós, os veciños de Lugo.

En resumo, OroZPo = ZParo = Crise