Powered By Blogger

sábado, 12 de junio de 2010

Que pasou no PSG-PSOE na súa etapa no bipartito.

As primeiras análises da documentación solicitada á Consellería de Traballo o pasado luns revelan que a presunta trama agraria xeraría un total de 160 contratos a través de 30 asociacións pantasma que sacarían pola porta de atrás da Administración galega a cantidade de 1,89 millóns de euros. Cartos que serviron para contratar persoas que na maior parte dos casos non desempeñaron a tarefa para a que teóricamente foron contratados, senón que estiveron traballando nas sedes de UU.AA, con persoal do sindicato, recibindo ordes del e baixo a supervisión de Pablo García.

Ninguén pode seguir falando xa de coincidencias porque os datos que manexados e que se fixeron públicos son evidencias de que a rede anunciada polo PPdeG e que comezou cunha axente electoral acabou por converterse nunha presunta trama de proporcións considerables.

Once días despois de dar conta á cidadanía da nosa investigación, manteñense todas e cada unha das afirmacións efectuadas ata a data xa que cada dato que se destapou está baseado en probas escritas contra as que se estampan as querelas e calumnias do PSOE.

É urxente que Pablo García e Ricardo Varela ofrezan explicacións da súa non tan presunta implicación nesta trama cada día menos suposta e urxe tamén que o PSOE asuma responsabilidades e tome decisións en vez de dedicarse a propagar calumnias e insultos contra quen investigan o destino dos cartos de todos os galegos.

Por tanto, sería bo no PSOE un pouco de ética e responsabilidade ante as informacións surxidas dunha escrupulosa investigación e baseadas en probas. O que non pode ser de ningún xeito, é que o principal partido da oposición eluda dar explicacións e reaccione comparando a Feijóo con Berlusconi ou vinculando aos populares co narcotráfico.

O Sr. Manuel Vázquez, o gran Ricardo Varela e compaña deberían dar explicacións dunha vez dunha vez. Xa que non saben facer oposición, non son quen de opinar da gran xestión de Zapatero polo menos que demostren que todo esto é unha farsa do PP.

A qué esperan.