Powered By Blogger

lunes, 24 de diciembre de 2012

Rematamos o ano.... Non pardamos a esperanza

Fai xa meses que comencei a compartir as miñas opinións neste blog. Por aquel entonces tiña a esperanza  de que o Partido Popular ía acadar vos resultados, electoralmente falando.
Co paso dos meses vimos que así foi, moi bos resultados inda que insuficientes nas locais, gañáronse as Estatais e revalidáronse as autonómicas.
Agora queda a difícil tarefa de sacar a este país do pozo no que está metido.
Espero e desexo que o 2013 nos vai levando hacia a saída deste túnel que está deixando moita xente tirada polo camiño.

Felices Festas e Próspero Ano Novo

martes, 10 de abril de 2012

Lamentable PSOE incluso na oposición.

Por un lado a crise mundial e por outro a nefasta xestión dun desgoberno socialista, amparado por catro aproveitados que se arrimaban para opter beneficios, leváronnos a esta situación.

Gastar nesta época de crise, 90.000 millóns de euros máis do que se ingresa, é unha auténtica irresponsabilidade propia duns incompetentes? inútiles? Qué calificativo lles podemos poñer?

O lamentable é que agora as consecuencias están aí, e estes desgobernantes que non souperon lidiar ca crisi, eso sí, ocultárona, quérennos dar leccións de xestión e poñen tropezós as boas medidas que o goberno do PP está a facer.

Este país precisa de polític@s de raza, con decisión, saber gobernar e non de polític@s de medio pelo que xestionaron de pena e xestionan de pena aquelas institucións que dirixen.

lunes, 27 de febrero de 2012

Noxentos!!!

Facía xa meses que non comentaba nada neste blog, xa que consideraba que o cambio que vaticinaba cando o creei xa chegara.

A verdade é que afortunadamento a cordura chegou a este país no mes de novembro, como xa o fixera no 2009 na Xunta de Galicia. Quedounos o mar sabor de boca no Concello de Lugo e na Diputación, onde por uns centos de votos, seguimos desgobernados pol@s mesm@s incompetentes que antes. Pero tempo ao tempo....

Nesta ocasión, e vendo o que se aveciña a nivel de protestas na rúa, só podo dicir que vaia cara teñen estes sindicalistas que meses atras baixaban as orellas ante as pésimas decisións do desgobernos socialista.

E os socialistas agora teñen a desvergoña de alentar a estos manifestantes, moit@s deles simpatizantes e militantes, nas súas críticas ao goberno.

Paréceme noxentos os derroteiros que está a tomar esta política de esquerdas que temos neste país.

Son NOXENTOS.